DEPORTES

Sesenta e dous deportistas composteláns participan nos IX Xogos do Eixo Atlántico

04/07/2011 A IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico deu comezo na localidade portuguesa de Matosinhos. 62 deportistas composteláns (36 mozos e 26 mozas) participan nesta competición, que se desenvolve do 3 ao 8 de xullo.

Os deportistas composteláns competirán nas modalidades de atletismo en ruta e pista (6 mozos); baloncesto (10 na categoría masculina e 10 na feminina); fútbol-7 (12 deportistas masculinos); natación (5 deportistas en ambas categorías), voleibol (10 mozas); e atletismo para discapacitados (3 mozos e 1 moza). Xunto a eles competirán preto de 1.500 deportistas con idades ata os 16 anos de 23 cidades galegas e portuguesas.

A estes deportistas hai que engadir 11 adestradores e un delegado municipal. Os competidores foron seleccionados polos clubs e delegacións federativas dos diferentes deportes.

Compartir: