ALCALDÍA

A nova estación intermodal de Renfe perfila o seu proxecto

21/02/2006 O proxecto da futura Ordenación Funcional da Estación de Ferrocarril de Santiago de Compostela contempla a entrada do AVE na capital de Galicia, a incorporación da Estación de Autobuses, a nova Estación Intermodal, o intercambiador de transportes, e zona e aparcamentos con capacidade para 2.000 prazas, así como a ordenación doutros usos que permitan axudar a financiar o proxecto.

Este proxecto foi elaborado polo Equipo Técnico da Dirección General de Ferrocarrís e exposto ao alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, na xuntanza celebrada o martes, 21 de febreiro, na Dirección Xeral de Ferrocarrís en Madrid. Nesta xuntanza participaron o Director Xeral e o Subdirector Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento, Luis de Santiago Pérez, técnicos de ferrocarrís e de ADIF. Por parte do Concello partiparon a directora da Área e o Xefe do Servizo de Planificación, Berta Rosón, e por parte da Xunta de Galicia os Directores Xerais de Urbanismo e Transportes.

Entre marzo e abril, e unha vez que ambas partes teñan examinado en detalle o proxecto, manterase unha nova xuntanza. Bugallo agarda que o o devandito proxecto poida estar definito totalemente en maio de xeito que se poidan pechar os correspondente convenios que permitan incorporar esta actuación, "a máis importante desde o punto de vista urbanístico para o desenvolvemento da cidade nos próximos vinte anos", ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Compartir: