CULTURA E MEDIO AMBIENTE

Comezan os Sábados no Parque, unha das propostas ao aire libre de "Vive o Verán!"

30/06/2011 Continúan as actividades ao aire libre do programa Vive o Verán!, que organizan conxuntamente a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Concellaría de Medio Ambiente.

Esta fin de semana principia a proposta dos Sábados no Parque, que traerán ao parque de Belvís obradoiros de manualidades relacionados coa natureza e co medio ambiente e a unha contacontos que ofrecerá temáticas relacionadas coas árbores e co ceo.

O sábado 2, de 11:00 a 12:30 horas, no parque de Belvís, obradoiros de papaventos de papel, e contacontos con María Iglesias a partir das 12.30 horas.

Ademais, neste mesma xornada realizarase o roteiro A pegada do escultor Asorey. Partirá ás 11:30 horas da porta da Facultade de Medicina. Durante dúas horas, as persoas interesadas poderán coñecer a localización e as características da obra deste insigne escultor galego na cidade de Santiago.

Compartir: