TRANSPORTES

Entran en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano

29/06/2011 A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), anuncia a entrada en vigor dos horarios de verán do servizo de transporte urbano o vindeiro 1 de xullo. Neste ano 2011 mantense a mesma liña de reducións que en campañas anteriores.

Toda a información sobre os novos horarios pódese consultar na páxina web de TUSSA: www.tussa.org. Ademais, editáronse 10.000 folletos informativos, que estarán a disposición dos usuarios a partir desta mesma semana nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na estación de autobuses, na Oficina de Atención ao Cidadán e na Casa das Asociacións.

Así mesmo, a empresa operadora TRALUSA ten á súa disposición o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que se informa de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.

Documentos relacionados



Compartir: