ALCALDÍA

O alcalde en funcións agradece á Cámara de Comercio de Santiago a súa colaboración en proxectos en beneficio da cidade

29/06/2011 O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o presidente da Cámara de Comercio, Jesus Asorey.

Continuando coa rolda de despedidas antes de deixar o cargo de alcalde, Sánchez Bugallo agradeceu a colaboración da Cámara de Comercio en diversos proxectos da cidade, entre os que citou como exemplo o aeroporto de Lavacolla ou o Rexistro Mercantil.

Póla súa parte, Jesús Asorey tamén destacou esta colaboración "leal", que considerou fundamental para sacar adiante iniciativas en beneficio da cidade.

Compartir: