ALCALDÍA

Sánchez Bugallo, satisfeito pola consolidación de Lavacolla como o aeroporto de maior crecemento dentro da súa categoría

17/06/2011 O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polos datos de maio do aeroporto de Lavacolla, feitos públicos por AENA. Polo aeródromo compostelán pasaron durante este mes 212.364 pasaxeiros, situando nun 53,29% a cota de mercado no sistema aeroportuario galego e marcando un crecemento do 25,9% respecto ao mesmo período do ano anterior.

Para Sánchez Bugallo, estes datos confirman ao aeroporto de Lavacolla como "o de maior crecemento dentro da súa categoría". En particular, valorou o feito de que se consolide unha cota de mercado próxima ao 53% entre os aeroportos galegos. Así, esta cota, recordou, sitúase no 52,93% no conxunto do ano.

Apuntou que as previsións de 2,5 millóns de pasaxeiros para 2011 mesmo se poden superar. "Os datos que temos lévanos a pensar que estaremos por riba desa cifra, salvo que se torza a folla de ruta a seguir, que máis ben será ao revés e recibirá un maior impulso", indicou.

Compartir: