MULLER

O Concello de Santiago extenderá os actos de celebración do Día Internacional da Muller ao longo de todo o mes de mazo

23/02/2006 O mércores 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Con tal motivo ao longo do mes de marzo a concellería da Muller do Concello de Santiago ten previsto a realización de distintas actividades de carácter lúdico.

Os actos comezarán coa inauguración da exposición "Séneca Falls" que terá lugar o mércores 1 de marzo ás 20.00 horas na Fundación Granell. Esta mostra recolle un breve repaso pola historia do movemento feminista dende a Convención que se celerbou na localidade Seneca Falls, en Nova York en 1848, ata o feminismo dos últimos anos.

O Día Internacional da Muller, mércores 8 de marzo,ás 20.00 horas no Pazo de Razoi, procederase á entrega do premio de investigación Xohana Torres que chega xa á súa décimo cuarta edición.

Para seguir reivindicando os dereitos das mulleres e recoñecer o papel que esta ten na sociedad, ao longo de todo o mes as compostelanas interesados neste tema, poderán disfrutar da proxección de documentais, de representacións teatrais e poderán participar en distintos coloquios.

Compartir: