EDUCACIÓN

Os nenos e nenas das escolas infantís descobren os instrumentos musicais

15/06/2011 A Escola Municipal de Música celebrou unha xornada de portas abertas dirixida especialmente aos nenos e nenas e ás familias das escolas infantís de Conxo, San Roque, Tambre, Tras Parlamento e Fontiñas.

A actividade consistiu nunha sesión de música e movemento. Traballáronse as diferentes calidades do son, houbo un pequeno concerto e presentáronse as diferentes especialidades musicais do centro. Foi tamén unha oportunidade para que os pais e nais coñeceran as instalacións e a forma de traballo da Escola.

Compartir: