POLICÍA LOCAL

A Policía Local celebrará súa festividade, o Anxo da Garda

23/02/2006 O sábado 4 de marzo a Policía Local celebrará o seu patrón, o Santo Ánxo da Garda. Con tal motivo farase entrega da Medalla do Corpo da Policía Local coa que se recoñece o traballo aos membros do corpo que destacaron polo súa exemplar conduta durante a súa vida profesional.

Nesta ocasión as distincións recaerán en dous membros da Policía Local: Manuel Vilas Budiño, axente da Policía Local dende o 31 de maio de 1.948 ata o 26 de agosto de 1.986, momento no que se xubila; e José García Martínez, que tomou posesión do seu cargo o 17 de agosto de 1.973 e exerceu as súas funcións ata a súa xubilación, o 12 de setembro de 1995. Entre ambos os dous suman sesenta anos de servicio aos cidadáns de Compostela.

Tamén recibirá a Medalla do Corpo da Policía Local, como recoñecemento ao seu traballo eficaz e pola súa plena dedicación, o responsable operativo da agrupación de Protección Civil, Manuel Martínez Ruiz.

Estas distincións, aprobadas no Pleno da Corporación do xoves 23 de febreiro, efectúanse de acordo co Regulamento do Corpo da Policía Local de Santiago que no seu titulo V, adicado a premios e distincións, e concretamente no seu articulo 46, contempla a concesión da Medalla do Corpo da Policía Local.

Compartir: