PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Recoñecemento ás nenas e nenos solidarios

13/06/2011 O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a entrega de diplomas aos nenos e nenas que participaron no pasado Nadal Solidario, proxecto organizado pola Concellería de Participación Cidadá. Asistiu tamén a titular en funcións deste departamento, Guadalupe Rodríguez.

A segunda edición do Nadal Solidario contou coa participación solidaria de centos de composteláns, entre eles nenos e nenas de diversas idades que quixeron sumar a esta iniciativa. O Concello quixo recoñecer cun diploma e libros a estes rapaces.

Cómpre lembrar que o Nadal Solidario conseguira reunir entre un mercado solidario e as doazóns directas 4.000 euros en metálico e numerosos xoguentes e alimentos non perecedoiros. Os xoguentes foron repartidos en Cáritas, varias asociacións de inmigrantes e aos 40 nenos e nenas hospitalizados no Clínico. Os alimentos distribuíronse á Cociña Económica, a Cáritas e ao Albergue de Xoán XXIII. Finalmente, o diñeiro en metálico repartiuse entre o Cottolengo, a Cociña Económica e Cáritas.

Compartir: