ALCALDÍA

Xosé A. Sánchez Bugallo despediuse de Alberto Núñez Feijóo

30/05/2011 O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Este encontro serviu fundamentalmente de despedida de Sánchez Bugallo, que deixa a Alcaldía tras os resultados das eleccións do 22 de maio e despois de máis de 12 anos de mandato. Foi momento para repasar algúns asuntos, pero sobre todo para recordar a colaboración institucional que vén marcando dende hai xa décadas a relación entre Concello e Xunta de Galicia.

Compartir: