CIDADE HISTÓRICA E MEDIO AMBIENTE

Últimos días para inscribirse no Concurso de Balcóns da Cidade Histórica

27/05/2011 As Concellarías de Cidade Histórica e de Medio Ambiente manteñen aberto o prazo, ata o 31 de maio, para participar no III Concurso de Balcóns con Flores na Cidade Histórica Flores na cidade a través desta mesma web e de www.compostelaviva.org.

Dende a organización preténdese chamar a atención sobre os beneficios sociais e ambientais da recuperación dos balcóns como elementos vivos da Cidade Histórica. Detrás de cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou edificio, á mellora da calidade ambiental e, sobre todo, á mellora da relación veciñanza-contorna urbana a través dunha achega artística persoal nun espazo privado para goce visual das veciñanza e das persoas que visitan a cidade.

Ademais dos tres premios establecidos no concurso, dotados con 200, 100 e 50 euros, esta edición inclúe un galardón do público, dotado con 75 euros. Pode participar calquera propietario ou arrendatario, incluídos os destinados a actividades comerciais ou hostaleiras.

A inscrición poderase realizar por correo electrónico, no Centro de Interpretación de Parques da Alameda ou na Oficina de Rehabilitación da Cidade Histórica, onde se poden recoller os distintivos que haberá que colocar nos balcóns que concursen. O modelo de inscrición pode baixarse da web.

Así, do 6 ao 30 de xuño faranse as fotografías dos balcóns identificados co distintivo, do 1 ao 7de xullo estará aberto o prazo para emitir votos ao balcón seleccionado e entre o 4 e o 8 de xullo o xurado realizará a avaliación Os premios entregaranse a mediados de xullo. A organización ocuparase de realizar as fotografías e de subilas á páxina web.

Compartir: