PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións súmase cunha charla aos actos do Día Nacional da Nutrición

26/05/2011 O sábado 28 de maio celebrase a décima edición do Día Nacional da Nutrición, co exercicio físico e a importancia de comer ben como temas de fondo. Con este motivo, a Casa das Asociacións acolle unha charla sobre esta cuestión

Co obxecto de fomentar hábitos saudables, a Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas dará unha charla para todos os públicos na Casa das Asociacións de Cornes o sábado 28 de maio, ás 17:30 horas.

O Día Nacional da Nutrición é unha iniciativa da Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD) en colaboración con outras institucións e co apoio da industria farmacéutica e alimentaria.

Durante esta xornada, vaise desenvolver en toda España unha serie de actividades en hospitais, colexios, universidades e centros comerciais: conferencias, debates, puntos de información, actividades deportivas, paseos. O seu único fin é difundir a importancia que ten a alimentación e o exercicio físico para a nosa saúde e calidade de vida.

Documentos relacionados



Compartir: