TURISMO

Todo listo para o primeiro (é)tapasmóbil

20/05/2011 Santiago(é)Tapas, evento enmarcado no 800 Aniversario da Consagración da Catedral, estreou nesta edición o Tapasporte virtual, unha aplicación para terminais móbiles que ten toda a información do èm]Tapasporte, ademais das vantaxes destas novas tecnoloxías, como a xeolocalización do establecementos participantes e das rutas do concurso. Esta ferramenta electrónica ten o mesmo valor que o Tapasporte físico e permite optar aos mesmos premios. Entre o 13 e o 18 houbo 294 descargas da aplicación de Santiago(é)Tapas.

O mércores 25 celebrarase o primeiro (é)tapasmóbil, un xogo que premiará as tres persoas que máis cuños de establecementos participantes sumen ese día. O primeiro premio será unha cubertería, o segundo un teléfono inhalámbrico, e o terceiro un reprodutor de DVD, cedidos por Novacaixagalicia. Para participar no xogo non é preciso apuntarse en ningún sitio, posto que o xestor da aplicación permite saber o momento e o lugar no que se obtén cada cuño electrónico.

O Tapasporte virtual pode descargarse a través de www.santiagoetapas.com e está dispoñible para un amplo abano de dispositivos. Para as persoas que teñan calquera dúbida ou consulta e queiran participar no xogo ou simplemente descargarse a aplicación, habilitarase un servizo de atención de dúbidas o día 25 entre as 12:00 e 12;30 horas na oficina do concurso, situada na praza de Galicia. Tamén se poden facer consultas no correo web@santiagoturismo.com.

6.000 tapas
Na primeira fin de semana de Santiago(é)Tapas, entre o venres 13 o domingo 15, consumíronse preto de 6.000 tapas nos 60 establecementos participantes no concurso. Nestes días tamén se repartiron 4.000 Tapasportes, entre a oficina oficial do Concurso na praza de Galicia, a Oficina de Información Turística e os propios establecementos.

Santiago(é)Tapas é un evento organizado por Turismo de Santiago e promovido polo Concello de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela. O patrocinador institucional principal é o Consorcio de Santiago e o patrocinador privado principal é Estrella Galicia.

Direcciones relacionadas



Compartir: