ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibe ao presidente da Federación Española das Asociacións da Prensa (FAPE)

20/02/2006 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos directivos da Federación Española de Asociacións da Prensa FAPE , Fernando González Urbaneja e Jorge del Corral, presidente e vicepresidente da FAPE, respectivamente, con motivo da presentación en Santiago do Informe Anual da Profesión Periodística en España.

O informe foi presentado o luns, 20 de febreiro, na Facultade de Xornalismo da capital galega, cidade escollida nesta ocasión para a presentación deste amplo análise da profesión xornalística que elabora e FAPE con caarácter anual. A elección de Compostela atende á solicitude feita desde a Asociación da Prensa de Santiago de Compostela.

O director do devandito informe e profesor da Facultade de Ciencias da Información de Málaga, Pedro Farias, e o presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela, Luis Ménendez, participaron tamén nesta visita ao Concello. A FAPE agrupa a 45 asociacións de prensa de toda España e conta con perto de 15.000 xornalistas asociados.

Compartir: