ALCALDÍA

Minuto de silencio na praza do Obradoiro en solidariedade con Lorca

12/05/2011 A Corporación municipal reuniuse na praza do Obradoiro en solidariedade coas vítimas dos terremotos de Lorca (Murcia). Outras autoridades políticas e sociais uníronse a esta concentración, na que se gardou un minuto de silencio, pechado cun sentido aplauso.

Tras a concentración, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa solidariedade e condolencias ás familias das persoas de Lorca que perderon a vida a consecuencia destes terremotos, así coma o seu convencemento de que a localidade murciana superará esta situación. Ademais, indicou que chamará ao alcalde de Lorca co fin de poñerse á súa disposición para o que puidesen precisar.

Compartir: