ALCALDÍA

A nova comisaría da Policía Nacional en Santiago estará lista para o outono

04/05/2011 O novo delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello, onde se reuniu co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Foi momento para repasar as actuacións que o Goberno ten en marcha ou vai iniciar en Santiago, como o túnel do Hórreo, a terminal de Lavacolla ou o novo cuartel da Policía Nacional, entre outros.

"Todas van francamente ben, salvo unha", indicou o alcalde a propósito destas obras. Sobre esta excepción, a da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR), Sánchez Bugallo recibiu o compromiso de Cortizo de realizar todo o que estea na súa man para impulsar esta infraestrutura.

Recordou o delegado do Goberno que o 18 de maio se abrirá ao tráfico o túnel do Hórreo e que para setembro está previsto o remate do novo cuartel da Policía Nacional.

O alcalde deu a benvida a Miguel Cortizo pola súa •"volta á casa, como nado en Santiago" e expresou a súa satisfacción polo "reencontro cun vello amigo".

Compartir: