XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno inicia a contratación do servizo de atención domiciliaria á infancia

03/05/2011 A Xunta de Goberno iniciou o expediente para contratar o Servizo de atención domiciliaria e comunitaria á infancia. Ademais, aprobou cinco convenios con entidades sociais e o orzamento para unha nova edición da Festa dos Maiores.

Tamén a proposta da concelleira de Benestar Social deuse o visto bo a cinco convenios con entidades sociais, coa achega municipal que se indica: Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA) 3.065 euros; Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES), 2.635 euros; Asociación Voluntarias de la Caridad de San Vicente de Paul, 3.660 euros; Asociación Síndrome de Down Compostela, 2.705,05 euros; e Fundación Secretariado Xitano, 19.700 euros

Outro acordo foi o da solicitude á Xunta de Galicia de duas subvencións para servizos sociais comunitarios, por importe de 928.699 euros, e para proxectos de desenvolvemento do pobo xitano, por 47.802 euros.

Festas e Xuventude
No ámbito da Concellería de Xuventude e Festas, aprobouse o prego de cláusulas administrativas, así como o inicio do expediente para a contratación da organización da Festa dos Maiores 2011, cun gasto máximo previsto de 50.000 euros.

Ademais, aprobáronse as bases e o concerto de presentación do 4º certame MúsicaXove. O orzamento é de 16.197 euros.

Emprego
Finalmente, o Goberno local ratificou as bases e un orzamento de 60.000 euros para o Programa de Incentivos Compostela Activa 2011, e de 24.000 euros para o Concurso de Novas Ideas Empresariais.

Documentos relacionados



Compartir: