ALCALDÍA

O Centro Galego de Arte Contemporáneo presenta en Sofía a mostra "Destino: Santiago"

10/02/2006 O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, asisten en Sofía á inauguración dunha nova sede doInstituto Cervantes na capital búlgara.

O acto, celebrado o venres 10 de febreiro, foi presidido polos Príncipes de Asturias e polo presidente da República de Bulgaria, Georgi Parvanov.

O novo Instituto Cervantes abre as súas portas coa exposición "Destino: Santiago" que, segundo informou o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), pretende mostrar as pegadas e as novas historias dunha cidade cunha tan larga e vella traxectoria como é o caso da capital galega.

"Destino: Santiago" é unha mostra que xorde do diálogo entre diferentes artistas e Compostela. Segundo os comisarios da exposición, Manuel Olveira e Cecilia Pereira, "os artistas retratan o que existe e, á súa vez, axudan a construir imaxinarios do que tal vez non existe pero que grazas á súa mirada existirá ou chegará a existir como imaxinario colectivo".

Este acto enmárcase no programa de difusión da cultura galega no exterior que está a promover a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia. Tras o seu paso pola capital búlgara a exposición iniciará un percorrido por diferentes capitais europeas.

Compartir: