REHABILITACIÓN DA CIDADE HISTÓRICA

Técnicos en rehabilitación de Latinoamérica visitan Compostela

09/02/2006 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, expresou os seu agradecemento á directora do Programa de Patrimonio Cultural de Iberomérica (AECI), Amparo Gómez-Pallete, por escoller a nosa cidade como un dos exemplos de rehabilitación modélicos para ser visitados por un numeroso grupo de directores de oficinas de rehabilitacion de centros históricos latinoamericanos, directores de escolas taller e persoal técnico cooperante da Axencia Española de Cooperación Iberoamericana (AECI).

Esta visita ten lugar hoxe, xoves, no marco no "II Encontro de Directores de oficinas técnicas de centros históricos" que se desenvolve en Madrid do 6 ao 15 de febreiro. Os perto dos 58 participantes visitaron xa Aguilar de Campoó (Palencia) e tras o seu paso por Compostela, onde manterán unha intensa xornada de traballo con técnicos das oficinas de rehabilitación do Concello e do Consorcio, visitarán tamén Granada e Alcalá la Real (Jaén).

O alcalde abriu esta xornada na aula da Fundación de Caixa Galicia concitando unha reflexión sobre o papel determinante que xoga na actualidade o valor do patrimonio histórico artístico para a nosa cidade, lembrando que "non sempre foi así" e que "hai apenas unhas décadas ser habitante da cidade histórica era case que unha maldición" polas moitas limitacións que as súas específicas características implicaba para a poboación en cuestión como a circulación, a realización de obras…

Esta perspectiva do patrimonio como "carga e problema", explicou, se fixera patente cos programas de peatonalización desenvoltos entre 1992 e 1994, cunha notable oposición tanto do comercio como dos propios veciños do casco histórico, e de Feito o Plan Especial afrontora no seu momento pertu de seis mil alegacións.

"Tivemos que sementar entre a cidadadía unha cultura da rehabilitación", engadeu Bugallo, referíndose aos primeiros programas pontes de rehabilitación que foron progresivamente gañando a confianza cidadán e favorecendo desde a creación de empresas homologadas, que traballaran con rigor as técnicas tradicionais imprescindibles para unha cidade construida básicamente de pedra e madeira, ata a formación de técnicos e arquitectos especializados na restauaración e rehabilitación.

"O resultado final ben mereceu a pena", afirmou o alcalde diante dos participantes nesta xornada, posto que o "cidadán entendeu que o patrimonio é un valor singular da nosa cidade, que nos fai diferente e especial, e polo tanto atractiva posto que mil anos de historia, coa súa profunda pegada, non se poden improvisar"

Bugallo expresou tamén que o peso do patrimonio non limita o feito de que Compostela sexa unha cidaed "viva e aberta, carente de numerus clausus, cos problemas comúns, en maior ou menor grao, a todas as cidades, de marxinalidade, delincuencia, integración social…".

Ao longo da xornada os concelleiros de rehabilitación e turismo, Mercedes Rosón e Francisco Candela, respectivamente, e técnicos municipais, como os arquitectos Ángel Panero da Oficina de rehabilitación do Consorcio da cidade, Javier Fernández, da Oficina municipal da cidade histórica e de rehabilitación do Concello de Santiago (OciHR), e o urbanista e coautor do Plan Especial, Ánxel Viña, abordaron temas específicos sobre a cidade histórica,.

Compartir: