ALCALDÍA

A Casa das Asociacións acolle a mostra "A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro"

18/03/2011 Ata o 2 de abril, a Casa das Asociacións acollerá a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron a exposición. Ademais, contouse coa presenza do propio autor, Siro López, que xunto co parlamentario Ceferino Díaz compartiron unha charla cos asistentes sobre a temática da mostra.

Esta recompilación de caricaturas, itinerante pola provincia, forma parte dos fondos da Deputación da Coruña. Agora, da man da Concellería de Participación Cidadá, chega a Compostela.

Compartir: