ALCALDÍA

O alcalde recibe ao Embaixador de Francia, Claude Blanchemaison

01/02/2006 O alcalde de Santiago de Compostela amosou a súa satisfacción e hospitalidade co embaixador de Francia en España, Claude Blanchemaison, a quen recibiu en audiencia o martes, 1 de febreiro, lembrando os profundos vínculos de Compostela co país que da nome á máis recoñecida rota de peregrinación, o Camiño francés.

Na audiencia protocolaria o embaixador francés estivo acompañado polo cónsul xeral de Francia, Thierry Frayssé, e pola cónsul honoraria de Francia e do Camiño de Santiago, Rosario Porto.

"O elevado número de peregrinos de orixe francés, de estudiantes do país veciño e mesmo de residentes reforzan este vínculo", engadeu Sánchez Bugallo. Pola súa banda o embaixador francés, cunha longa traxectoria diplomática entre a que cabe subliñar o desempeño da embaixada francesa na India, Vietnam ou Rusia, entre outras, expresou a súa admiración pola cidade de Compostela a agradeceu a hospitalidade da cidada, representada polo alcalde.

Compartir: