ALCALDÍA

O alcalde reuniuse co embaixador de Chile

28/01/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co embaixador de Chile en España, Sergio Romero, de visita en Galicia.

Sergio Romero chegou a Galicia para participar nun seminario sobre oportunidades de negocio en Chile, co obxecto de promover inversións no seu país por parte dos empresarios galegos. Tras visitar a Catedral, o embaixador foi recibido polo alcalde, co que mantivo unha breve reunión.

Compartir: