ALCALDÍA

O alcalde compostelán visitou Fitur

21/01/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou Fitur. No marco desta feira mantivo diversos contactos con axentes turísticos, entre eles con integrantes da empresa Ryanair, que presentaron a súa proposta para unha cuarta conexión internacional dende Lavacolla a unir ás de Frankfurt, Milán e Londres.

Santiago está presente en Fitur a través do stand de Turgalicia, onde ten especial protagonismo nesta edición a promoción da Cidade da Cultura e da celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral. No expositor autonómico, con motivo tamén da celebración do Día de Galicia na feira, o alcalde tivo a ocasión de saudar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Compartir: