EDUCACIÓN E MOCIDADE

A escritora Teresa Moure dará lectura ao Manifesto pola paz no marco do VII Foro de ONGs

27/01/2006 A escritora Teresa Moure dará lectura ao manifesto pla paz no marco do VII Foro de ONGs que se celebra o sábado 28 de xaneiro en Área Central.

Perto de 25 ONGs participarán nesta VII edición do Foro das ONGs, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, xunto coa Coordinadora Galega de ONGs e outros colectivos.

O Foro desenvólvese nos días previos á celebración do Día Mundial pola Paz, que se conmemora o luns 30 de xaneiro.

No marco deste Foro, o sábado 28, desde ás 11.00 ata as 19.30 horas, as asociacións participantes darán á coñecer á cidadanía os seus materiais e proxectos.

Tanto a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos López, como o director xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia, Rubén Cela, participarán nestes actos.

Programa:
O programa de actividades é como segue:

11 h. Apertura do espazo solidario: presentación de experiencias e postos informativos das diferentes ONGs participantes.

12 h. Chocolate solidario. Colaboran: Asociación de Comercio Xusto e o Instituto de Educación Secundaria Compostela (Escola de Hostelería).

12.30 h. Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago.

1300 h. Lectura do Manifesto por parte da escritora Teresa Moure.

13.15 h. Chocolate solidario. Colaboran: Asociación de Comercio Xusto e o Instituto de Educación Secundaria Compostela (Escola de Hostelería)

13.30 h. Actividades do Foro: contacontos; obradoiros; proxección de documentais; exposicións fotográficas.

17 h. Continuación das actividades do Foro.

19.30 h. Peche das actividades

Os obxectivos deste Foro son:
-Traballar na defensa e promoción dos dereitos humanos, avanzando na loita contra a discriminación de calquer tipo.
-Aproximar aos cidadáns ao mundo das ONG.
-Promover o coñecemento dos proxectos e actividades que desenvolven as organizacións non gobernamentais.

Está prevista a participación das seguintes ONGs:

· ACCIÓN CONTRA A FAME
· AMARANTE
· ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
· ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
· AXUDA EN ACCIÓN
· BICIS POLA PAZ
· COORDINADORA GALEGA DE ONGs
· COOPERA
· CRUZ VERMELLA
· EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
· ENTRECULTURAS-FE E ALEGRÍA
· FARMACÉUTICOS MUNDI
· FORO DE INMIGRACIÓN
· FUNDACIÓN ROPKA
· IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO
· INTERED
· INTERMÓN-OXFAM
· JÓVENES TERCER MUNDO
· MANS UNIDAS
· MÉDICOS DO MUNDO-GALICIA
· PANXEA
· PROYDE
· REDES
· SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
· UNICEF

Avance de actividades a desenvolver:

AMARANTE: Obradoiro de presentación e información sobre "Consumo responsable"

AMIGOS DA TERRA-XUVENTUDE: Obradoiros de refugallo dirixidos a grupos de 20 nenas/os máximo.

IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO:Obradoiros (nenas/os de 14 a 18 anos): O teu consumo decide (sobre comercio xusto) e A India e Etiopía máis preto, dinámica para traballar con imaxes un coñecemento mellor sobre a diversidade de ambos países.

COORDINADORA GALEGA DE ONG PARa O DESENVOLVEMENTO:
Divulgación de materiais da Campaña de Comercio Xusto, para todas, para todos en todas partes.
Materiais Campaña Pobreza Cero.
Guía de ONG de Galicia 2005
Caderno sobre os dereitos civis: "Eu teño un soño". Homenaxe a Rosa Lee Parks.

BICIS POLA PAZ: Ludoteca intercultural/obradoiro de contacontos solidarios
desenvolvemento: construcción de "arbores atrapadoras de contos solidarios"
trasladando as lendas indixenas dos atrapa-soños a nosa realidade forestal, con carton vello, ceras de cores, fio e agulla, construimos atrapadoras de contos que penduradas atrapan contos solidarios. Despois facemos unha sesión de contos cos contos atrapados.
participantes: nenas/os de calquera idade

INTERED: Audiovisual de 15min sobre o tema: "Igualdade para o desenvolvemento. Se a muller avanza o mundo tamén", xunto cunha guía didáctica.

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ: Proxección do documental: "En son de paz".

MANS UNIDAS: Proxección dos vídeos: "Con el Sur" e "¿Qué es Manos Unidas Campaña contra el Hambre?"

ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ: Proxección dos vídeos: Vexo, vexo. Duración 20 min.
Actividade "Test de tolerancia".

Para máis información:
Departamento de Educación e Mocidade
Concello de Santiago de Compostela
Tfno: 981- 55 44 00
Fax: 981- 57 15 11

Documentos relacionados



Compartir: