PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Nova visita á Cidade da Cultura promovida pola Concellería de Participación Cidadá

14/01/2011 A Concellería de Participación Cidadá segue a organizar visitas guiadas á Cidade da Cultura, co obxectivo de dala a coñecer aos propios composteláns e contribuír así á súa posta en valor. A seguinte convocatoria está prevista para o domingo 16 de xaneiro, ás 12:00 horas.

Está previsto que ata 25 persoas participen nesta visita guiada e gratuíta, que terá unha duración aproximada de dúas horas. Os visitantes deberán estar sobre as 11.45 horas na Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en San Roque. Dende alí, un autobús levaraos ao Monte Gaiás. Rematada a visita, o autobús deixaraos de novo na Fundación.

Máis información na Casa das Asociacións: 981 542 350.

Compartir: