ALCALDÍA

Sánchez Bugallo e o novo responsable da Garda Civil en Santiago expresan a súa vontade de colaboración

27/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o capitán da Garda Civil Arcadio Pérez Vázquez, quen dende o pasado mes é o responsable da Terceira Compañía de Santiago.

Arcadio Pérez viña dirixindo ata agora a compañía de Noia e substitúe en Santiago a José María Eceiza, recentemente ascendido a comandante. Baixo o seu mando están preto de 200 axentes e unha área de 27 concellos, con 12 postos adscritos. Deses axentes, uns 80 residen na Casa Cuartel das Cancelas.

Compartir: