FESTAS

O Teatro Principal albergará un festival de Nadal amenizado por 15 corais de diversos barrios e parroquias de Compostela

23/12/2010 O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o programa do festival de corais no Nadal. Celebrarase o domingo 26, o luns 27 e o martes 28, a partir das 20:00 horas, no Teatro Principal e con entrada de balde. Escoitaranse panxoliñas da man de 15 corais de diferentes barrios e parroquias da cidade.

Esta actividade pon o toque musical con panxoliñas tradicionais, populares e mesmo doutros países aos días do Nadal. Participan a Coral Xúbilo. Asociación de Pensionistas e Xubilados de Santiago, Coral Pontemantible, Coral Coto da Nai, Coral Asociación Cultural Amigos do Castiñeiriño, Coral Irmán Gómez, Coral La Salle, Coral José Saramago, Coral Polifónica de Lavacolla, Coral A Xuntanza, Coral Polifónica Alfaia, Coral polifónica Amigos de Compostela, Coral A Ruliña de Laraño, Coral Polifónica Colexiata de Sar, Coro Santa Susana e Coral Cantigas e Agarimos.

"Trátase dunha homenaxe ao traballo que realizan estas agrupacións corais durante todo o ano e de maneira desinteresada nos distintos barrios e parroquias aos que pertencen, ademais de ser un punto de encontro continuo para os veciños. As corais xa se converteron nun clásico do Nadal, con panxoliñas tradicionais e cancións populares", destacou Baqueiro.

Compartir: