ALCALDÍA

O alcalde agradece o labor dos traballadores municipais e deséxalles un bo 2011

23/12/2010 Como cada ano por estas datas, os traballadores do Concello foron recibidos no Salón Nobre de Raxoi polo alcalde e polo resto da Corporación. Sánchez Bugallo desexoulles a todos un bo Nadal e un 2011 "moito mellor que o 2010".

Na súa intervención, o alcalde tivo palabras de agradecemento polo traballo realizado durante o 2010. En particular, agradeceulles o labor realizado para que este ano especial, con motivo do Xacobeo, tivera o éxito logrado, sobre todo en canto á acollida dos que nos visitaron.

Sánchez Bugallo tamén tivo palabras para o difícil momento económico, lamentando que unha das consecuencias do mesmo fora a rebaixa nos salarios dos traballadores municipais.

Compartir: