ALCALDÍA

Sánchez Bugallo felicítalle as festas aos composteláns e deséxalles o mellor en 2011

22/12/2010 A Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal, ofrecida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Á cita acudiron, ademais da Corporación, persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.

Sánchez Bugallo fixo repaso do acontecido en 2010 e marcou os novos retos para 2011, ano que volverá a ser complicado no aspecto económico. Non obstante, e tal como xa indicara no debate sobre o estado do Concello, indicou que Santiago está en condicións de afrontar estas dificultades mellor que outras cidades. O acto rematou cun brinde por un feliz Nadal.

Compartir: