ALCALDÍA

Os traballos do túnel do Hórreo estarán concluídos na primavera de 2011

22/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e ao xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, nunha visita ás obras do paso inferior para catro carrís do Hórreo. A visita coincidiu coa finalización da escavación dos dous túneles.

Sánchez Bugallo declarou a súa "satisfacción por ver como se van cumprindo os prazos desta obra" e tamén por que a mesma causara "menos problemas de tráfico dos pensados". Isto atribuíuno a "unha moi boa planificación previa, coa apertura do vieiro Clara Campoamor, e á boa coordinación dos servizos municipais, do Ministerio de Fomento e da empresa construtora".

Pola súa parte, o delegado del Gobierno destacou tamén o "o bo ritmo ao que avanzan as obras do túnel do Hórreo e anunciou que "tal e como estaba previsto, os traballos estarán concluídos na súa integridade na primavera do año que vén". O investimento que o Ministerio de Fomento destina a este proxecto ronda os 23 millóns de euros

Características do paso inferior
A orix do trazado sitúase no estribo leste do viaduto de Cornes e o final ubícase na avenida de Lugo, entre a intersección do Hórreo e o enlace do Sar.

En alzado, dende o estribo do viaduto de Cornes da SC-20, deprímese a rasante nos primeiros 100 metros para pasar baixo a glorieta de Cornes-Galuresa, cun gálibo de cinco metros. Na planta se desprázase lixeiramente o paso inferior cara a rúa Romero Donallo, para posibilitar a execución en superficie dun dobre carril de comunicación da SC-20 coa glorieta de Cornes.

Na zona central, o túnel mantense baixo a avenida de Lugo aproximándose cara o sur, é dicir, cara a explanada da estación, pero sen sobrepasar coa súa ocupación o pé do actual muro de escoleira, de forma que se manteña a actual explanada na estación ferroviaria. Executouse un novo muro no contorno da estación, na zona do actual aparcadoiro.

Na zona final, correspondente ao entorno do Parlamento de Galicia, o trazado axústase ao eixe da actual avenida de Lugo, co obxecto de facer coincidir ambas medianas e os catro carrís centrais.

A estrutura está formada por dúas pantallas de pilotes laterais, de diámetros variables entre 0,80 e 1,00 metros, segundo zonas, e unha pantalla de pilotes central, que serve ao mesmo tempo de separación de calzadas, de 0,65 metros de diámetro. Ambas pantallas únense na súa parte superior cunha losa armada de 0,70 centímetros de canto, que soportará o tráfico en superficie, e unha lousa armada inferior, de 0,40 metros de canto, necesaria por razóns estruturais e de drenaxe.

Os alzados do túnel recóbrense cunha capa de formigón proxectado e, posteriormente, se revestiranse con paneis de aceiro vitrificado, facilitando a luminosidade e limpeza dos paramentos do túnel artificial definitivos.

Solución en superficie
A reposición do viario en superficie proxéctase con dous carrís por sentido en superficie, con dos nós principais:

- Glorieta de Cornes (Garulesa): resolve a confluencia da avenida de Lugo coas rúas Romero Donallo, Amor Ruibal e o propio tráfico do periférico SC-20, en superficie.

- Glorieta do Hórreo: resolve o nó entre a rúa do Hórreo e a avenida de Lugo.

O eixe do trazado en planta que une ambas glorietas coincide sensiblemente co existente, co obxecto de alterar o menos posible os xiros á esquerda das rúas San Pedro de Mezonzo e Fernando III O Santo.

A obra complétase en superficie con iluminación, axardinamentos e dotación de mobiliario urbano. Nos afirmados está prevista a impermeabilización da lousa superior do túnel, as distintas capas de aglomerados en quente e a sinalización do tronco e os nós. Actualmente, resta por executar a impermeabilización das calzadas, o afirmado, a sinalización, a xardinería e o mobiliario urbano.

Instalacións
A seguridade do paso inferior do Hórreo asustase ás esixencias do Real Decreto 635/2006 sobre Requisitos de Seguridade no Túneles da Rede de Estradas do Estado. Inclúe iluminación, ventilación, opacímetros, detectores de contaminación, sistema de detección de incendios e sistema contraincendios.

Completarán as instalacións do túnel os seguentes equipamentos: un centro de control, postos de emerxencia, un sistema de detección automática de incidentes, un circuíto pechado de televisión, un sistema de megafonía, un completo conxunto de sinalización de saídas e equipamiento de emerxencia, paneis de sinalización variable, semáforos exteriores, barreiras exteriores e aforadores.

Ademais, se prevén saídas directas ao exterior e a intercomunicación entre os dous tubos de circulación. A obra civil do túnel complétase coos afirmados, acabados de revestimento da súa sección interior. Na actualidade, executouse no interior do túnel a práctica totalidade da obra de estrutura e a totalidade da escavación e restan as instalacións, os acabados do túnel e a súa pavimentación.

Compartir: