ALCALDÍA

Reunión do alcalde cos responsables da Confraría dos Estudantes

22/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro co presidente e co vicepresidente da Confraría dos Estudantes, Modesto Gómez e Rafael Sexto.

Na reunión, os representantes da Confraría convidaron o alcalde a participar nos actos que esta agrupación prepara para a Semana Santa. Ademais, estudaron posibles fórmulas de colaboración.

A Confraría dos Estudantes reúne en torno aos 500 confrades. A procesión que organizan en Semana Santa sae todos os mércores santos ás 23:00 horas. En 2011, cando se a procesión se atope en Praterías, na media noite do xoves 21 de abril, cumpriranse os 800 anos da consagración canónica da Catedral. Por iso están a preparar un acto moi especial para ese momento.

En setembro deste ano coordinaron "A Estación 2010", un grande encontro confrade galego, no que participaron máis de 1.000 persoas de toda Galicia.

Compartir: