BENESTAR SOCIAL

O programa Educadores de Rúa resume o seu ano de actividades nunha exposición

21/12/2010 A concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, inaugurará o mércores 22, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo, a exposición fotográfica "Un pé na rúa". A mostra reúne un cento de traballos realizados polos mozos e mozas do barrio durante a súa participación nas actividades do programa educativo municipal de Educadores de Rúa. No acto entregaranse tamén os Premios Conxo FM, o programa de radio en liña que elaboran os propios rapaces cada semana.

Da realización e selección de fotos e a montaxe da exposición ocupáronse os mozos e mozas de Conxo coa axuda dos educadores do programa de Educadores de Rúa, que se vén desenvolvendo nos últimos meses no barrio. A mostra permanecerá aberta ao público no CSC Conxo ata o 31 de decembro.

Tardes ao sol, faladoiro, mundial de fútbol, Xoves xove, Semana Cultural, magosto... O programa acolleu máis dunha ducia de actividades que agora se expoñen nesta
mostra. Unha das actividades centrais foi a confección dun programa semanal de radio -Conxo FM- para a súa emisión en liña (conxofm.blogspot.com. No acto, os e as participantes presentarán unha nova edición do programa, que inclúe unha entrevista á propia Mar Martín, e farán entrega dos Premios Conxo FM.

Compartir: