DEPORTES

Fin de semana de karate de alto nivel no Multiúsos Fontes do Sar

18/12/2010 Celébrase durante a fin de semana, no Multiúsos do Sar, o Campionato de España de Karate cadete, júnior e sub-21. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de apertura deste torneo, no que participan 608 deportistas de 17 federacións autonómicas.

Cincuenta árbitros encárganse de velar pola competición nas modalidades de kumite e kata. As probas da primeira desenvólvense en seis tatamis cun crono-marcador cada un. O sistema é o de clasificación por eliminatoria directa con repesca, chegando á final os dous mellores karatecas de cada categoría. Na modalidade de kata, a clasificación é por eliminatoria directa de acordo ao sorteo que se realice e segundo a liga que resulte do mesmo.

Compartir: