ALCALDÍA

O alcalde agradece aos xubilados de 2010 o seu labor para o ben da cidade

17/12/2010 Os traballadores municipais xubilados no transcurso deste 2010 foron recibidos, como cada ano por estas datas, polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen lles entregou unha placa en recoñecemento ao seu labor.

Sánchez Bugallo saudou a cada un dos traballadores e agradeceulles a súa dedicación ao longo de tantos anos no Concello. A todos desexoulles unhas felices festas e uns venturosos anos de xubilación.

Os traballadores xubilados en 2010 foron: María Soledad Caloca Méndez (Administración), Agustín García Atanes (Recadación), María Isabel Piñeiro Tojo (Administración), José Cebey Aldrey (bombeiro), Carlos Luís Fernández Feijoo (policía local), Manuel Mosquera Garabal (policía local), Avelino Rodríguez Calvo (policía local), Julio Dacuña Vázquez (uxier), Miguel Otero Puente (policía local), Carmen Varela García (Limpeza), Juan Carlos Sixto García (electricista), Domingo Clemente Vila Mayo (policía local), José Antonio Amigo Rodríguez (Administración), Jesús Castro Wagner (Administración), Enrique Melio Rey (músico), José Arturo Pérez Manteca (policía local) e Ismael Gendra Carollo (bombeiro).

Compartir: