XUNTA DE GOBERNO

Visto bo ás obras do Centro de Creación Cultural do barrio da Almáciga

17/12/2010 A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, iniciou o proceso de contratación das obras do Centro de Creación Cultural da Almáciga, incluídas no Programa Urbana Santiago Norte.

Estableceuse un tipo de licitación de 224.027 euros para a contratación destas obras. Construirase así unha pequena nave anexa ao edificio contiguo á Escola Municipal de Música, no barrio da Almáciga, para convertelo no Centro de Creación Cultural. Este espazo servirá de punto de encontro e traballo para os novos creadores, así como lugar onde expoñer a súa obra. Ademais, eventualmente, este centro utilizarase como lugar para impartir cursos sobre métodos de arte (escultura, pintura, etc.) facendo difusión da arte e a cultura.

Outra iniciativa incluída no Urbana Santiago Norte é o futuro Centro Cívico Santiago Norte. Respecto ao mesmo, o Goberno local iniciou o procedemento de contratación da redacción do seu proxecto, por importe de proxecto por importe de 85.164 euros.

Por outra parte, acordouse solicitar unha prórroga de seis meses do prazo de execución do contrato de mellora e modernización da xestión e da atención social, incluído no FES 2010. Deste xeito estenderíase ata o 30 de xuño de 2011.

Finalmente, a proposta da concelleira de Medio Ambiente, adxudicouse a redacción do proxecto Vía Verde Santiago-Ordes, por importe de 41.300 euros.

Documentos relacionados



Compartir: