ALCALDÍA

Novo firme para Sarela de Arriba

05/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenteulle aos veciños e veciñas da Peregrina o proxecto de reforzo do firme da vía pública no lugar de Sarela de Arriba. Acompañouno nesta visita o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama.

O proxecto para Sarela de Arriba contempla fundamentalmente a colocación dunha nova capa de rodadura, que susbitúa ao actual pavimento, xa moi deteriorado polo crecente tráfico neste ámbito e polas inclemencias meterolóxicas. Aproveitarase para reconstruír e limpar as cunetas e accesos ás parcelas, e para repor a sinalización viaria. O presuposto de execución é de 166.028 euros.

Os veciños aproveitaron tamén o encontro para plantexarlle ao alcalde e ao concelleiro outras demandas da parroquia.

Compartir: