AUDITORIO DE GALICIA

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

17/03/2005 Ros Marbà, a RFG e o pianista Mikhaïl Rudy interpretarán obras de Weber, Schubert/Liszt e Schumann

No concerto de hoxe, xoves, ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia

O mestre titular Antoni Ros Marbà aoi fronte da Real Filharmonía de Galicia e coa presencia do pianista Mikhaïl Rudy. interpretarán obras de C. M. von Weber (1786-1826) Oberon (Obertura); de Schubert/Liszt Wanderer fantasie, op. 15, D 760 e de R. Schumann (1810-1856) Sinfonía nº 4 en re menor, op. 12.

O concerto terá lugar hoxe, xoves, ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia.

Mikhaïl Rudy, piano
Desde a súa chegada a occidente en 1977, Mikhail Rudy tivo unha carreira musical excepcional, animada por unha constante esixencia creativa e unha curiosidade insaciábel de todas as formas de arte. Os seus concertos tanto como as súas gravacións valéronlle numerosas recompensas: Primeiro Premio do concurso Marguerite Long en 1975; Premio da Academia do Disque Français pola súa gravación do Primeiro concerto de Tchaikovski e do Segundo concerto de Rachmaninov coa Orquestra Filarmónica de San Petersburgo dirixido por Mariss Jansons; Gran Premio do Disco polo seu recital de obras para piano de Szymanovski; Premio da Academia Charles Cros polo seu ciclo "Scriabine" e Gran Premio Liszt de Budapest por unha antoloxía de obras do compositor húngaro.

Rudy debuta en occidente co Triplo concerto de Beethoven en compañía de Mstislav Rostropovitch e Isaac Stern, nun concerto cuxa obra e cuxos intérpretes aparecen como unha síntese entre o leste e oeste. É unha actitude que Rudy sempre defendeu nos seus programas e nos seus achegamentos musicais.

Dende entón, os seus compromisos reflicten o seu estatuto de solista internacional ao nivel máis alto: debuts americanos con Lorin Maazel, con Herbert von Karajan; debut en Londres coa London Symphony e Michael Tilson-Thomas, concerto no Waldbühne de Berlín coa Philharmonique de Berlín e Mariss Jansons.

Rudy é invitado regularmente por orquestras como as de Pittsburg, Filadelfia, Boston, Houston, Baltimore, St. Louis, Seattle, Montreal, Toronto, Santa Cecilia, Scala de Milan, Maggio Musicale Florence, RAI Turin, Tonhalle de Zurich, Royal Concertgebouw, Residentie Orkest La Haye, Rotterdam, Munich Philharmonic, Hamburg NRD, Stuttgart Philharmonic, Cologne WDR, Cologne , Gurzenich, Dresden Staaskapelle, Dresden Philharmonic, Berlin Stasstkapelle, as orquestras filharmónicas de Stockholm, Helsinqui, Oslo, London Philharmonic, London Symphony, Philharmonia Orchestra, Royal Philharmonic Orchestra, BBC Symphony, BBC Philharmonic, Halle Orchestra, Royal National Scottish Orchestra, NHK Tokio, Yomiuri Symphony, as orquestras sinfónicas de Sydney e de Melburn e a Prague Philharmonique, entre outras. Desde o seu debut en París, en 1977 con Paul Paray, toca coa práctica totalidade das orquestras francesas.

Rudy está presente nos festivais internacionais máis importantes.

Compartir: