XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba obras por máis de 700.000 euros en Son de Abaixo, Grixoa, Marrozos e San Marcos

29/11/2010 A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011, así coma o Plan Complementario correspondente ao mesmo ano. Estes dous plans suporá a realización de catro obras, por un total de 703.659 euros.

O investimento máis importante, 296.824 euros, destinarase á construción dunha senda peonil na vía pública R-5-III-B, entre o Polígono do Tambre e Son de Abaixo. Tamén se executarán con cargo ao POS 2011 o reforzo do firme da vía pública M-8-IV, entre A Ponte e Ponte Albar, en Grixoa (179.600 euros) e o acondicionamento do entorno do centro social de Marrocos (133.861 euros).

O orzamento total destas tres obras suma 610.285 euros. Desta cantidade, 553.964 euros corresponden á contribución do Estado maila Deputación da Coruña. O Concello achegará 56.321 euros.

Xa incluída no Plan Complementario 2011, executarase o reforzo do firme en San Marcos. Esta obra conta cun orzamento de 93.373 euros. Esta cantidade é o resultante de baixas das licitacións.

Documentos relacionados



Compartir: