ALCALDÍA

Encontro do alcalde coa Asociación de Veciños de Guadalupe

26/11/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa xunta directiva da Asociación de Veciños de Guadalupe. Estivo acompañado por Guadalupe Rodríguez, concelleira de Participación Cidadá, e por Bernardino Rama, concelleiro de Obras e Infraestruturas.

Os representantes dos veciños de Guadalupe expuxéronlle ao alcalde e aos concelleiros as súas liñas de traballo no barrio, así como as necesidades e proxectos para desenvolver no mesmo.

Compartir: