ALCALDÍA

O alcalde recibiu o Consello Executivo do programa EducaRed

26/11/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o Consello Executivo de EducaRed, que se reúne en Compostela os días 25 e 26 de novembro. Neste órgano están representados sindicatos docentes a nivel estatal, asociacións de pais e nais, patronais educativas e a Fundación Telefónica.

Na reunión, os responsables de EducaRed explicáronlle ao alcalde os detalles do encontro que manteñen en Santiago. O programa EducaRed, que está impulsado pola Fundación Telefónica, Telefónica e organizacións do mundo educativo, proponse xeneralizar Internet como ferramenta de innovación e formación pedagóxica entre profesores, pais e alumnos de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio.

Dende hai dez anos está en marcha un portal electrónico, ao que están subscritos máis de 12.000 centros españois. EducaRed celebra cada dous anos un congreso internacional ao que asisten miles de docentes.

Compartir: