IGUALDADE

Entregados os premios do Concurso "Educando na convivencia en igualdade"

25/11/2010 Como parte dos actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrouse no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche a entrega de premios do X Concurso Educando na convivencia en igualdade, baixo o lema "A miña visión sobre a violencia de xénero.

Alumnos de secundaria dos institutos Rosalía de Castro, Sar e La Salle amosaron un ano máis a súa visión sobre a violencia de xénero, grazas a debuxos acompañados con pequenos textos relativos a este tema. Nesta ocasión presentáronse 98 traballos.

O primeiro premio foi para Sara Mouriño Pereiro, de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro, cunha montaxe na que se establece un paralelismo entre a violencia de xénero e os depredadores salvaxes que comen atrapan e comen as súas presas. A segunda posición ocupouna outra alumna deste instituto, Carmen Fernández Míguez, cunha invitación gráfica a "romper as cadeas". Resultaron primeiro e segundo finalistas, respectivamente, Carlota Couselo Seijas, de 2º de Bacharelato do IES de Sar; e Patricia Quintela pereiro, de 4º da ESO do Colexio La Salle.

Cos debuxos realizarase unha publicación que se distribuirá nos diferentes centros educativos do municipio. Ademais, realizarase unha exposición que percorrerá os colexios participantes.

Compartir: