EDUCACIÓN

A cidade sumouse aos actos en recordo das vítimas da violencia viaria

20/11/2010 Un día antes do Día mundial en recordo das vítimas da violencia viaria, o 21 de novembro, o Concello e Stop Accidentes realizaron a súa particular homenaxe a estas vítimas e quixeron sensibilizar aos composteláns sobre a importancia deste problema e da súa prevención.

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presidiu o acto insititucional na Fundación Granell, a onde se trasladou polas inclemencias meteorolóxicas. Alí os alumnos da Escola Municipal de Música interpretaron unha peza en recodo das vítimas e houbo intervencións institucionais, ademais dun acto simbólico denominado A testemuña das familias. As actividades complementáronse tamén co obradoiros plásticos para nenos e nenas.

Tamén se aproveitou a ocasión para ler un manifesto, no que se que indicaba que "gran parte da sociedade aínda non interiorizou a súa parte de responsabilidade dentro dos factores de risco e que só cos firmes compromisos cívicos, éticos e políticos de todos os actores sociais pararemos a tendencia á alza desta pandemia". Por iso considérase necesario insistir na presión social sobre este tema e que os Estados o consideren un asunto prioritario, xa que "é responsabilidade de todos os gobernos implantar políticas de prevención multisectorial en materia de seguridade viaria".

Entre os obxectivos para o futuro, o manifesto esixe "calmar o tráfico nas cidades", que se "cumpran integragamente todas as penas que se impoñan", a "modificación urxente dos baremos" e a "creación das Oficinas de atención ás vítimas de accidentes de tráfico".

Documentos relacionados



Compartir: