ALCALDÍA

Todo listo para o Foro 2010

19/11/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios. Este explicoulle os últimos detalles do Foro 2010, que se inicia o 3 de decembro.

Cómpre lembrar que o Foro 2010 se celebrará do 3 ao 30 de decembro. A primeira das actividades previstas será a Reunión de Membros do Grupo de Alto Nivel de Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións e do Decenio da Cultura da Paz do 4 ao 6 de decembro.

O Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos terá lugar os días 7 e 8, mentres que o 9 e o 10 celebrarase o Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz. Coincidindo co final deste último congreso, abrirase o Foro Mundial de Educación Temático sobre "Educación, Investigación e Cultura de Paz", que se prolongará ata o 13 de decembro.

Para os días 14 e 15 de decembro queda o Congreso Internacional sobre Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz. Todo isto complementarase ao longo de todo o mes con actividades artísticas e culturais: pintura, fotoxornalismo, cine, cómic, videoxogos, literatura e música.

Compartir: