Auditorio de Galicia

A violinista Saeka Matsuyana ofrece un concerto no Auditorio de Galicia

20/01/2006 O luns 23 de xaneiro ás 21.00 horas o Auditorio de Galicia acollerá un concerto para violín de Sibelius da violinista Saeka Matsuyana que estará acompañada de Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia.

Os asistentes ao concerto poderán disfrutar de balde da interpretación do Concerto para violín e orquestra en re maior op. 47 de J. Sibelius e a Sinfonía número 5 en mi menor, op. 64 de P.I. Chaikovski.

A Orquestra Joven da Sinfónica de Galicia (OJSG) permitiu, ao longo de 10 anos, que centos de mozos instrumentistas completaran a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos, baixo o maxisterio de mestres como A. Zedda, V. Pablo Pérez, P. Rizzo, M. Gilbert, J. Ross ou J. Company entre outros.

A importante traxectoria da OJSG queda demostrada coa súa participación como orquestra de foso no Festival Mozart da Coruña, no que baixo a dirección de A. Zedda interpretou a ópera barroca Os amores de Apolo e Dafne- compartiu escenario coa Sinfónica de Galicia na Sinfonía nº 8 «dos mil» de G. Mahler e ofreceu concertos sinfónicos en Madrid, San Sebastián, Murcia, Valencia, León, Segovia, Jerez, Xavea e Concentaina. Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, a OJSG supón unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica. O seu repertorio vai desde a música barroca ata os nosos días.

Compartir: