ALCALDÍA

O pavillón do Monte dos Postes estrea instalacións totalmente renovadas

17/11/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras realizadas no CEIP Monte dos Postes. Financiada con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, esta actuación permitiu una renovación a fondo desta instalación deportiva.

As actuacións no pavillón do CEIP Monte dos Postes supuxeron un investimento de 322.268 euros. Substituíuse a cuberta do pavillón e montouse un novo pavimento deportivo tipo Omnisport (1.000 metros cadrados), con características técnicas aptas para o desenvolvemento de competicións oficiais.

Tamén se construíron novos locais para vestiarios, incluíndo o azulexado, pintado e reposición das instalacións de abastecemento de auga, iluminación, electricidade e calefacción. Igualmente, melloráronse os sistemas de calefacción e ventilación e repúxose a carpintería interior.

A actuación no pavillón completouse coa substitución de canlóns e baixantes, o pintado exterior, a retirada do falso teito existente, a creación dunha zona de corta aires no acceso principal e a instalación de bancos nas gradas de formigón, así como do mobiliario necesario nos vestiarios.

Compartir: