CIRCULACIÓN VIARIA

Ábrese o prazo de solicitude das tarxetas para o aparcamento de residentes nos barrios de Vite e Guadalupe

16/11/2010 Entre o mércores 17 de novembro e o 9 de decembro, os veciños das rúas que se enumeran a continuación e que cumpran cos requisitos establecidos poderán solicitar as tarxetas de aparcamento para residentes. Só se concederán dúas tarxetas por titular e/ou domicilio.

Trátase das seguintes rúas, ubicadas nos barrios de Vite e Guadalupe: Blanco Amor, avenida de Castelao, Alexandre Bóveda, Carlos Maside, Xesús Carro, Ulpiano Villanueva, García Lorca, travesa do Cendal, Irmandiños, praza de Celso Emilio Ferreiro, rúa de Celso Emilio Ferreiro e barrio de Guadalupe.

En total son 460 as prazas que se reservan nesta zona da cidade para uso dos veciños. Sobre os requisitos, hai un que deberán cumprir todos os solicitantes: o relativo a que o propietario do vehículo sexa residente habitual das rúas arriba citadas e que estea dado de alta no Padrón Municipal de Habitantes nalgún domicilio situado no ámbito territorial da zona para a que se solicita a tarxeta. Tanto as persoas como o vehículo deberán estar empadroados no mesmo domicilio.

Os restantes requisitos a cumprir virán determinados pola modalidade de tarxeta, que poderá ser de tres tipos: residentes con vehículo en réxime de propiedade; residentes con vehículo en réxime de leasing ou renting; residentes con vehículo de empresa. Os requisitos para cada un dos grupos son os seguintes:

Requisitos e documentación: residentes con vehículo en réxime de propiedade
- Solicitude en impreso oficial.
- Fotocopia do DNI, tarxeta de residencia, pasaporte ou análogo.
- Fotocopia do Permiso de Circulación que acredite que o solicitante é o propietario do vehículo.
- Fotocopia do último recibo pagado do seguro e fotocopia do imposto de circulación de vehículos.
- Declaración xurada de non ser titular dunha praza de aparcadoiro municipal

O domicilio que conste en todos os documentos debe coincidir co do empadroamento, excepto no DNI ou no recibo do seguro.

Requisitos e documentación: residentes con vehículo réxime de leasing ou renting
- Solicitude en impreso oficial.
- Fotocopia do DNI, tarxeta de residencia, pasaporte ou análogo.
- Fotocopia do Permiso de Circulación que acredite que o solicitante é o propietario do vehículo.
- Fotocopia do último recibo pagado do seguro e fotocopia do imposto de circulación de vehículos.
- Declaración xurada de non ser titular dunha praza de aparcadoiro municipal
- Fotocopia do contrato de leasing ou renting.
- Fotocopia da póliza do seguro.

Requisitos e documentación: residentes con vehículo de empresa
- Solicitude en impreso oficial.
- Fotocopia do DNI, tarxeta de residencia, pasaporte ou análogo.
- Fotocopia do Permiso de Circulación que acredite que o solicitante é o propietario do vehículo.
- Fotocopia do último recibo pagado do seguro.
- Declaración xurada de non ser titular dunha praza de aparcadoiro municipal
- Fotocopia do contrato de leasing ou renting.
- Fotocopia da póliza do seguro.
- Autorización da empresa para facer uso do vehículo de maneira única e exclusiva e fora do horario de traballo.
- Ten que figurar no seguro do vehículo como condutor habitual do vehículo.

En calquera caso, o Concello de Santiago poderá realizar as comprobacións que considere necesarias e esixir ao interesado que aporte cantos documentos considere necesarios para acreditar calquera dos requisitos indicados e solicitar a achega dos orixinais das copias dos documentos presentados para cotexar a súa autenticidade..

REXISTRO

A solicitude pode descargarse nesta web ou ben recollerse na oficina de Atención ao Cidadán sita na rúa Salvador Allende. Unha vez cuberta, e con todos os documentos necesarios, deberá presentarse no REXISTRO XERAL DO CONCELLO ou nos REXISTROS AUXILIARES situados nos centros socioculturais do Ensanche e de Fontiñas.

Rexistro Xeral
Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122 // Fax: 981 543 133
Horario: De luns a sábados (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Rexistros Auxiliares: Centro Sociocultural do Ensanche:
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543001
Centro Sociocultural de Fontiñas:
Enderezo: Rúa de Berlín, 13 baixo.
Tel.: 981 528750
Horario dos rexistros auxiliares: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Atención á cidadanía
Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128 // Fax: 981 543 129

Compartir: