ALCALDÍA

As editoriais universitarias españolas abordan en Santiago os seus desafíos nos novos espazos académicos

11/11/2010 A Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), integrada por 62 editoriais e servizos de publicacións das universidades e centros de investigación españois, celebra na Facultade de Medicina a súa XXIX Asemblea Xeral do 11 ao 13 de novembro. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os participantes neste encontro.

Baixo o lema "Os retos da edición na sociedade do saber", as editoriais universitarias abordarán en diversas conferencias e mesas redondas os desafíos destes servizos coas vistas postas no Espazo Europeo de Educación Superior, na visibilidade das revistas científicas en español, no libro dixital no espazo académico, nos dereitos de autor ou nos soportes de lectura dixitais, entre outros temas.

A Asemblea acollerá tamén a entrega dos XIII Premios Nacionais de Edición Universitaria, que este ano recaeron nas universidades Politécnica de Valencia, Salamanca, Huelva, Oviedo, Jaume I, UNED (en coedición coa Biblioteca de Autores Cristiáns), Deusto, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Compartir: