ALCALDÍA

O alcalde agradece o seu traballo ao capitán da Garda Civil José María Eceiza

10/11/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o capitán da Garda Civil, José María Eceiza, quen deixa a cidade.

O ata agora responsable do destacamento da Garda Civil en Santiago, deixa o mesmo tras o seu ascenso a comandante. No cuartel das Cancelas prestan servizo uns 180 axentes. José María Eceiza será substituído á fronte do destacamento compostelán por Arcadio Pérez Vázquez.

Sánchez Bugallodespediu a Eceiza e agradeceulle o traballo realizado e a colaboración, ademais de desexarlle éxito nas súas novas responsabilidades.

Compartir: