PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá e o Consello de Relacións Veciñais homenaxean a Luís Pasín, Concepción Rozas e Xosé Mª Juncal

09/11/2010 A Concellaría de Participación Cidadá e os representantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais, celebran este venres 12 os actos de homenaxe a tres persoas relacionadas co movemento veciñal compostelán: Luís Pasín Liñares, ex concelleiro; Concepción Rozas Cesar, vogal da A.V. "Sandra Prego" da Pontepedriña; e Xosé Mª Juncal Míguez, ex presidente da A.V. "Río Sarela" da Peregrina e presidente de FERUSA.

A Concellería quere convidar a todos os veciños a participar nesta homenaxe, que comezará cun acto de recoñecemento na Casa das Asociacións ás 20:30 horas. A continuación, ás 21:30 horas, celebrarase unha cea no Restaurante Paz Nogueira (O Castiñeiriño). O prezo do menú é de 30 euros.

Máis información e inscricións na Concellería de Participación Cidadá:

Casa das Asociacións Rúa Manuel Beiras, 3 (antiga estación de Cornes)
Tel: 981 542 350
participacioncidada@santiagodecompostela.gal

Horarios da Casa das Asociacións Mañás: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Tardes: de martes a venres de 16:30 a 21:30 h.
Sábados: de 10 a 14:00 h e de 16:30 a 21:30 h.

Compartir: